O triatleta da A.D. Fogar Andrés Prieto acadou o bronce na Copa de Europa de Holten

1 minutes read

Andrés Prieto Villar (Oleiros 2003) logrou unha meritoria medalla de bronce na Europe Triathlon Premium Cup de Holten 2026 celebrada este sábado 4 de xullo nos Países Baixos sobre a distancia sprint. O triatleta da A.D. Fogar asinou unha brillante actuación nunha das citas continentais de maior nivel dentro do calendario europeo. A proba resolveuse nun emocionante e axustado sprint final no que se impuxo o francés Milan Lariviere cun tempo de 52’18», por diante do británico Hamish Reilly que parou o crono en 52’20» e de Andrés Prieto que rematou en 52’22». Andrés suma con esta medalla o seu sexto podio internacional en 43 carreiras e confirma o seu bo momento de forma logo de asinar hai apenas unha semana a séptima posición na Europe Triathlon Cup de Wels, sitúandose no posto 92 do ránking continental e no 176 do mundial.