Os bombeiros liberan a unha persoa logo dunha colisión entre un camión e un coche en Bergondo

Excarceracion bombeiros_arquivo.

O accidente ocorreu uns dez minutos despois das 13:30 horas deste domingo e non houbo que lamentar máis feridos. O particular que contactou co 112 Galicia indicou que se producira unha colisión por alcance entre un camión e un turismo na DP-0105, antes do quilómetro 1. Ademais, un dos ocupantes do coche non podía saír, pois non abrían as portas logo do impacto.

Con isto, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Betanzos, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Bergondo.

Foi preciso empregar o material de excarceración para que a ferida puidese saír e ser trasladada polo persoal sanitario. Había outro ocupante no turismo que, ao igual que o condutor do camión, resultou ileso.

Related posts

Telefónica instalará en Santiago un laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade

9M Día Internacional da Tortilla de Patacas; A Coruña á cabeza da máis zumarenta

O Plan Único investiu 252 millóns de euros e financiou case 1.300 obras nos concellos da comarca de Santiago