Os bombeiros sufocan un incendio nunha vivenda no Sixto, en Carballo

1 minutes read
Arquivo.

Os bombeiros do parque de Carballo acudiron á primeira hora da madrugada deste venres a unha emerxencia por un incendio nunha vivenda no lugar do Sixto número 8, en Carballo, coa posibilidade de que houbese dúas persoas no interior. Aínda que a súa chegada as persoas xa foran axudadas polos veciños e a Policía Local e atopábanse fora de perigo.

O cometido dos bombeiros foi realizar a extinción do lume, de orixen descoñecido, que estaba localizado no faiado da vivenda e estaban ardendo numerosos enseres e roupa acumulada nesa estancia. O lume afectou tamén a varias placas de fibrocemento da cuberta.
A zona habitable da vivenda non se viu afectada polo lume nin polo fume.

Alertados pola incidencia tamén acudiron a Garda Civil e persoal sanitario (ambulancia SVB Carballo + sanitarios PAC).