A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outra pola súa presunta relación co incendio forestal de Burgohondo (Ávila), un dos grandes lumes que manteñen a España en situación de emerxencia nacional. Segundo a investigación, o incendio orixinaríase polo uso de maquinaria pesada nunha zona onde estes traballos estaban restrinxidos debido ao elevado risco de incendio.
Mentres avanza a investigación sobre a orixe do lume, España segue facendo fronte a unha grave vaga de incendios forestais, avivados polo vento e as altas temperaturas. O Goberno declarou o xoves pola noite a emerxencia nacional.
O delegado do Goberno en Castela e León, Nicanor Sen, advertiu de que «queda moi pouquiño» para que o incendio de Burgohondo e a gran fronte activa na Comunidad de Madrid cheguen a unirse, unha posibilidade que agravaría aínda máis a emerxencia e complicaría os labores de extinción.
Os tres grandes incendios que afectan á Comunidad de Madrid fusionáronse nun só, agravando unha emerxencia que mantén a máis de 40.000 persoas evacuadas ou confinadas na rexión, segundo as últimas cifras do Goberno.