Os satélites e os conectores 5G loitan pola atención e o financiamento europeo


Os satélites e os conectores 5G atópanse inmersos nunha loita pola atención e o financiamento europeo. A industria europea de satélites está preocupada por que non houbo mención aos satélites durante o discurso anual sobre o estado da Unión que a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, deu en Estrasburgo.

En cambio, a conexión dos cidadáns a Internet a través do 5G e a fibra óptica recibiron toda a atención.”É un investimento considerable e ela falou dun investimento sen precedentes en 5G, está a usarse o diñeiro dos contribuíntes. Espero que non sexa só para a elite urbana. Espero que se estendan os beneficios ao máximo de cidadáns. E aí é onde os satélites pode axudar”, apunta Aarti Holla, secretaria xeral de ESOA.

Aproximadamente un terzo de todos os satélites do mundo fabrícanse en Europa. Segundo datos da UE, a medidados de 2019 só o 20% dos fogares rurais tiñan acceso a banda ampla fixa de moi alta capacidade. E o despregamento de redes de 5G está a avanzar máis lento en Europa que noutros países. Por exemplo, recibe un 50% menos de financiamento que en EEUU.

A UE ten agora en marcha dous programas espaciais: Galileo, que é un sistema global de navegación por satélite. E Copérnico, unha misión de observación da Terra. Poida que os satélites non fosen mencionados no discurso de von der Leyen pero contan cun importante apoio da Comisión Europea. “Europa necesita desenvolver, rapidamente, unha iniciativa de conectividade espacial que funcione como unha terceira infraestrutura xunto a Galileo e Copérnico. Con esta infraestrutura, poñerase fin ás nosas zonas mortas, dando acceso de banda ancha de alta velocidade a todo o mundo en calquera lugar do noso continente”, asegura o comisario europeo de Mercado Interior, Thierry Breton.

A Unión Europea sabe que debe lograr que os vinte e sete traballen de forma conxunta no espazo se non quere quedar atrasada fronte a outros actores globais.