Os socialistas piden á Xunta que recoñeza a “débeda histórica con Vigo”

1 minutes read

O PSdeG-PSOE levou unha moción ao pleno de Vigo no que fixo balance do goberno de Núñez Feijóo durante 13 anos ao fronte do goberno da Xunta de Galicia. Segundo o voceiro, Carlos López Font, a débeda da Xunta coa cidade ascende a 2.258 millóns de euros, “consecuencia das súas actuacións”, dixo.

López Font manifestou que a Xunta “tomou decisións e iniciativas moi prexudiciais para a cidade” e lamentou que “o menosprezo e o trato discriminatorio foron a tónica xeral no período de Feijóo como presidente”.

O voceiro socialista enumerou algúns dos “agravios” como a perda da caixa de aforros, a presentación dunha candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade para obstaculizar ao Concello, a construción dun hospital privado, a falta do apoio ao aeroporto, a negativa ao transvasamento de auga para situacións de emerxencia… entre outras.

Segundo cifrou López Font, de 25.261 millóns que investiu o goberno da Xunta en Galicia, a Vigo só chegaron 500, en lugar dos 2.779 millóns que lle corresponden por poboación (o 11% de Galicia).

O acordo aprobado cos votos do Grupo Socialista insta tamén á Xunta a satisfacer esta débeda coas correspondentes consignacións orzamentarias.