O accidente tivo lugar arredor das 20:40 horas deste luns en Portomedal, na parroquia de Coucieiro. Segundo a información que recolleu o 112 Galicia, un tractor fórase cara un camiño e envorcara, o que provocou que unha persoa resultase ferida. Con estes datos, desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de protección Civil de Val do Dubra. Logo de que acudisen ata a zona, os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento da persoa.
Unha persoa perdeu a vida tras ser alcanzada por un tren en Cenlle
O accidente ocorreu arredor das 19:20 horas deste luns, na parroquia de Laias, con acceso polo quilómetro 584 da N-120. Segundo lle indicou persoal de ADIF ao 112 Galicia, producírase o atropelo dun tren a unha persoa. O alertador xa indicaba que a vítima podía estar falecida. Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaron do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Ribadavia, á Garda Civil. Unha vez os servizos de emerxencias chegaron ata o punto, só puideron confirmar o falecemento da persoa.
Atopan a unha persoa falecida no río en Ribadavia
O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por mor deste suceso contra as 20:00 horas deste luns. Segundo o particular que empregou o número único de emerxencias, había unha persoa no río do parque da Veonza. O alertador xa indicaba que podía estar falecida. Sen agardar, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, do GES de Ribadavia, da Garda Civil e da Policía Local. Unha vez alí, procederon ao rescate da vítima, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida unha vez foi sacada da auga.
Morre unha muller atropelada nun paso de peóns na Cañiza
O accidente ocorreu arredor das 16:20 horas deste luns. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, unha persoa fora atropelada por un vehículo na rúa do Progreso. Decontado, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Unha vez chegou o persoal sanitario ata a zona, o ferido foi evacuado a bordo do helicóptero ata o hospital de referencia. Cómpre mencionar que no operativo tamén participou a Garda Civil de Tráfico.
