Unha saída de vía na A-8, en Barreiros, deixou dúas persoas feridas, unha delas excarcerada

1 minutes read

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 11:00 horas, a través da chamada dun particular que alertaba dunha saída de vía na autovía A-8, no quilómetro 516, ao seu paso pola parroquia de Reinante, en Barreiros. Segundo indicaba, había persoas feridas e unha delas podería estar atrapada no interior do turismo.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse do ocorrido ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros e á Garda Civil de Tráfico.

Finalmente, o accidente saldouse con dúas persoas feridas, que recibiron asistencia sanitaria e foron trasladadas. Unha delas tivo que ser excarcerada polos bombeiros, ao quedar atrapada no interior do vehículo.