Pesar en Carballo polo pasamento do ex concelleiro José Manuel García Guillín

1 minutes read

O Concello de Carballo vén de recibir a triste nova do pasamento do ex concelleiro José Manuel García Guillín, que foi responsable das áreas de Industria e Promoción Económica no período 2007-2011. O funeral e enterro están previstos para este xoves ás 12.00 horas, na igrexa e no cemiterio parroquial de San Fins de Freixeiro, no concello de Santa Comba, do que era natural. Os seus restos son velados na sala 2 do tanatorio Santa María de Bembribre (Val do Dubra).

Desde o Concello de Carballo, no nome de toda a corporación e dos traballadores e traballadoras desa administración, fixeron chegar as súas condolencias ás súas fillas e a súa nai.

José Manuel García Guillín, veciño do lugar de Castrompombo, faleceu este 23 de maio, aos 52 anos de idade, como consecuencia dunha enfermidade. A súa vinculación a Carballo comezou sendo laboral, xa que traballou na sede local da Cámara de Comercio e na empresa privada. No ano 2007 formou parte da candidatura do BNG ás eleccións municipais e saíu elixido concelleiro. Como membro do goberno municipal tivo responsabilidades nas áreas de Industria e Promoción Económica, dende as cales impulsou a integración do Concello de Carballo no Eixo Atlántico, participou no proceso de ampliación do parque empresarial de Bértoa, entre outras moitas iniciativas.

No ano 2011 deixou a política para poñer rumbo a New York, onde desenvolveu unha importante labor empresarial e cultural.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?