Tras unha longa enfermidade, este xoves día de Nadal falecía Miguel Ángel Traba Durán. Tiña tan só 47 anos e traballou de peón forestal, laboura que compaxinaba coa de coordinador da agrupación de Protección Civil de Corcubión. O seu pasamento deixa unha gran ferida e consternación no oeste da Costa da Morte, en Fisterra, Dumbría, Cee e loxicamente en Corcubión. «Tristura inmensa polo pasamento de Miguel Ángel», declaraba este xoves a alcaldesa de Cee, Margot Lamela, un amigo que fixo da entrega aos demais unha maneira de vivir. Persoa sempre ligada ao servizo público con entrega e adicación, estaba casado e tiña unha filla, tamén aínda lle viven seus pais. Moitas foron as mostras de cariño e afecto as que se fixeron sentir no tanatorio municipal de Dumbría donde se celebra o velorio. O enterro o venres 26 ás 5 da tarde no cemiterio municipal de Cores.
29