O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) informou de que o xuízo se celebrará os días 20 e 21 de maio na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña. Segundo o escrito do Ministerio Público, os feitos son constitutivos dun delito contra o patrimonio histórico. Pide para o rexedor 15 meses de cárcere e 12 anos de inhabilitación, ademais dunha multa de 27.000 euros, a mesma pena que solicita para o arquitecto técnico do Concello como cooperador necesario da derruba da Casa Carniceiro en 2020. . No momento da demolición do inmoble, que sufriu un incendio, os procesados, segundo o fiscal, «coñecían que as súas actuacións infrinxían a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia e o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Oleiros». Un informe sinalaba que a derriba «soa sería posible se se autorizaba pola Consellería competente en materia de patrimonio, pois a demolición total ou parcial, sen a autorización sectorial en materia de patrimonio cultural, constituiría unha infracción moi grave». A demolición executouse o 31 de decembro de 2020. A Fiscalía tamén pide que os dous acusados indemnicen ao Concello de Oleiros polo custo da rehabilitación do edificio, tendo en cuenta a perda de valor histórico e artístico, ademais de pagar o custo da derriba, que ascendeu a 8.859,16 euros.
45