19
Luciano falta da súa casa de Verdillo dende o venres pola tarde. Ten 76 anos e sofre demencia, polo que pode estar desorientado. A súa familia pídenos colaboración para atopalo tras unha xornada de sábado de intensa busca, na que participaron as forzas de seguridade e Protección Civil, sen resultados. Se podedes achegar algunha información chamade ao 112 ou aos seguintes teléfonos 646571288-646570371.