O Concello de Ponteceso forma parte do circuíto en defensa persoal feminina co “II Seminario Intensivo de Defensa Persoal Feminina”, da Deputación da Coruña. Un seminario dirixido a mulleres de idades comprendidas entre os 14 e 70 anos, que se levará a cabo o 20 de maio, no pavillón de Ponteceso, e ten unha duración de 4 horas e será gratuíto. As persoas interesadas poderán inscribirse do día 1 ao 15 de maio do 2023.