Ponteceso celebrará en maio a primeira Festa do Maior

1 minutes read

O vindeiro 2 de maio levarase a cabo a primeira edición da Festa do Maior, unha iniciativa impulsada polo Concello de Ponteceso para promover a convivencia e o recoñecemento ás persoas do municipio que teñan cumpridos 65 anos ou que os cumpran ao longo do ano 2026.

A celebración nace coa vontade de render homenaxe ás xeracións que contribuíron de maneira decisiva ao desenvolvemento de Ponteceso, recoñecendo a súa traxectoria, experiencia e os valores transmitidos ao longo dos anos.

O alcalde destacou que “esta festa é unha mostra do respecto e do agradecemento que queremos trasladar ás nosas persoas maiores, fundamentais na construción do Ponteceso actual”, e subliñou a intención de que esta cita se consolide como unha celebración anual.

Coa posta en marcha desta primeira edición, o Concello reafirma o seu compromiso coa posta en valor das persoas maiores e coa creación de espazos que favorezan o encontro e a convivencia veciñal. Nos próximos días facilitarase información detallada sobre a programación e o procedemento de participación.