O Concello de Ponteceso continúa avanzando na mellora das infraestruturas viarias municipais co obxectivo de incrementar a seguridade viaria e a conectividade entre as diferentes parroquias. Deste xeito, vén de rematar, a semana pasada, dúas obras de mellora de vías, nos núcleos de Pazos de Arriba e Bugalleira, na parroquia de Tallo. Trátase de dúas intervencións de seguridade viaria e mobilidade que facilitan o acceso os veciños as súas vivendas e negocios.
Segundo o alcalde, José Manuel Mato, «queremos seguir facendo actuacións como estas que melloran a vida de veciños particulares e autónomos que no deixan de xerar riqueza para o noso municipio. Tamén queremos agradecer á veciñanza a comprensión polas afección das obras manifestada antes e durante a execución das obras. A nosa vontade é seguir traballando para mellorar a calidade de vida en todas as nosas parroquias e seguiremos coa mesma forma de facer as cousas, con humildade e constancia», apuntou.
A pista reformouse cunha capa de rodadura de formigón e proximamente dará comezo outra actuación, noutro viario que conecta coa mesma parroquia. Neste caso, a fórmula escollida será unha capa de aglomerado.
O goberno local responde así a unha actuación moi demandada polos veciños co obxectivo de contribuír a un rural con «mellor seguridade viaria, máis servizos, mellores accesos e unha maior calidade de vida», destacou Mato..
