Ponteceso, galardoado pola Rede Galega de Praias sen Fume

1 minutes read

Ponteceso recibiu o diploma da Rede Galega de Praias sen Fume na categoría ouro, unha distinción moi especial que recoñece aos concellos (49 en Galicia) que declararon como espazo libre de fume o 100 % dos seus areais. Na actualidade só  hai dezaoito na provincia da Coruña, dez na de Lugo, oito na de Ourense e trece na de Pontevedra.

Deste xeito, Ponteceso forma parte da rede máis extensa de todo o Estado na loita contra o tabaquismo nos areais e a Costa da Morte é a comarca da Coruña con maior presencia entre os municipios que decidiron desterrar o tabaco de todas as súas  praias. De feito, acompañan a Ponteceso cinco concellos de la zona: Corcubión, Laxe, Cabana, Dumbría e Malpica— que contan xa coa categoría de ouro da Rede Galega de Praias sen Fume.

A iniciativa, que naceu co obxectivo de protexer aos non fumadores, reducir a presenza de residuos asociados ao tabaco nos espazos naturais, comezou en 2016 con 19 concellos e converteuse nunha rede integrada actualmente por 85 municipios galegos e un total de 249 praias e portos sen fumo, entre eles 39 areais fluviais.