O alcalde de Ponteceso Xosé Lois García Carballido tivo a ocasión de recibir aos pais, nais e alumnos de 6º de primaria do CEIP Eduardo Pondal, onde puideron conversar sobre o interese mutuo de promocionar os valores dunha vida saudable que promove Ponte en Forma 2023 e os valores de defensa da natureza de Vilas en Flor.
O Concello vai colaborar cos pais do alumando en promover eses valores e a súa vez vai a contribuír a axudalos cunha viaxe que van a facer de cinco días para poñer en práctica os coñecementos e as actividades.
A estratexia inclúe seguir traballando para aumentar a dispoñibilidade das instalacións deportivas para que todas as persoas podan facer deporte e promover hábitos de vida saudables que inclúan reducir o consumo de bebidas con azucre e produtos de elaboración industriais e ultraprocesados.
Na reunión as nenas e nenos puideron gozar por un día sendo concelleiras e concelleiros, levar un recordo grato da reunión e conversar co alcalde de Ponteceso.