Posturas encontradas no Parlamento polos recortes no CEIP San Luís Romero de Carballo

2 minutes read

A portavoz de Educación do Grupo Socialista, Noelia Otero, levou este venres á Comisión de Educación do Parlamento unha pregunta oral pola supresión dunha aula de infantil e dúas titoras no CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo. A responsable socialista acusou á Consellería de Educación de aplicar os recortes sen pararse a mirar pola situación na que fican os alumnos e o profesorado.

Otero criticou que a consellería está “instalada dende hai tempo nunha fuxida cara adiante na que non escoita, non dialoga e mesmo incumpre os seus compromisos”. Lembrou así o compromiso da Inspección educativa cos pais e nais do centro de Carballo de manter os recursos terapéuticos adxudicados, só dous días antes de comunicarlles o peche dunha das tres aulas de infantil, para agrupar nunha soa aos nenos e nenas de 3 e 4 anos.

Con aquela decisión obviaron que 9 dos 31 nenos e nenas escolarizados no ciclo de Infantil teñen Necesidades Educativas Específicas, e que lles obriga a traballar en Infantil cunha aula mixta e sen contar coa figura da mestra de apoio. Sinala que este feito “preocupa non só á Anpa, senón tamén aos docentes e á propia dirección do centro”.

Postura do PP

Pola Súa banda o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, destacou o incremento da dotación de persoal especialista do Colexio CEIP Xesús San Luis Romero de Carballo para este curso 2023/24. Afirmou que “O centro conta con 17 docentes, un por riba de catálogo”, sinalou.

En concreto, o colexio ten este curso dous mestres máis de Pedagoxía Terapéutica (pasando dos dous do curso pasado a un total de tres agora) e un máis de Audición e Linguaxe (ata un total de dous este curso). “Polo tanto, a nova dotación de profesorado mellora de xeito significativo a atención ás necesidades educativas específicas de apoio”, salientou o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

“Ademais, esta nova distribución dálle á dotación docente do centro unha maior versatilidade á hora de distribuír as funcións e prestar apoio ao alumnado de Infantil e Primaria”, engadiu, detallando que os especialistas en Pedagoxía Terapéutica e en Audición e Linguaxe traballan cos escolares das dúas etapas.

Respecto do agrupamento dos cursos de 4º e 5º de Infantil, o director xeral explicou que se trata dunha decisión técnica tomada por funcionarios expertos da Inspección Educativa e reiterou que o número de alumnos da aula, un total de 16, mantense por debaixo da rateo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?