Premio de Patrimonio Europeo a restauración do Pórtico da Gloria

1 minutes read

O proxecto de restauración do Pórtico da Gloria foi galardoado nos Premios de Patrimonio Europeo/Premios Europa Nostra 2019. Estes prestixiosos premios creados en 2002 pola Comisión Europea recoñecen as mellores prácticas vinculadas coa protección do patrimonio.

Entre os 25 galardoados pertencentes a 16 países está o Pórtico da Gloria na categoría de conservación. Segundo anunciou a Comisión Europea e Europa Nostra á Fundación Barrié, mecenas do proxecto, recoñécese o “extraordinario” proxecto de conservación preventiva e restauración do Pórtico e a súa contorna na Catedral de Santiago. Así, o xurado eloxiou o proxecto en Compostela como un “exemplo moi destacado de conservación e coidadosa recuperación de escultura de pedra policromada nunha obra de fundamental imortancia na escultura románica”. “Este monumento é un dos lugares de peregrinaxe máis visitados de Europa e é representativo do seu patrimonio”, destaca.

Os premios serán entregados nunha cerimonia dos Premios de Patrimonio Europeo, que se celebrará o 29 de outubro en París, durante o Congreso de Patrimonio Europeo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?