Tratase dunha aposta entre o Executivo autonómico e a Federación Galega de Comercio no marco do convenio de colaboración entre as partes —cun orzamento global de case 700.000 euros dos cales a Xunta achega 627.900 — e que se desenvolverá desde este martes 20 de maio, ata o 30 de xuño. Co gallo de incentivar e dinamizar o comercio de proximidade, o director xeral salientou que se sortearán 20.000 euros en premios entre os consumidores que fagan algunha compra nos establecementos adheridos durante as datas mencionadas. Ten como novidade esta edición —a maiores do sorteo de 44 tarxetas por valor de 250 euros e 60 de 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos—, o sorteo en directo entre os asistentes á entrega de premios prevista para finais de xuño dun premio final de 3.000 euros, para gastar nunha única xornada de compras na localidade elexida pola persoa que resulte gañadora.
13