A plataforma https://fogonsdoanllons.com facilita a reserva directa, permitindo ao turista planificar estadías máis longas e combinar distintas actividades en contacto coa contorna. Con iso, búscase captar un perfil de visitante que valore a calidade, a sostibilidade e a conexión coa comunidade local. «Os Fogóns do Anllóns» supón un importante paso cara a unha aposta estratéxica por un turismo con impacto positivo no territorio, que reforza o tecido económico e pon en valor o produto local, a natureza e a cultura do territorio, contribuíndo a situar o destino como un punto de referencia gastronómico en Galicia.
Unha nova plataforma dixital enmarcada no proxecto «Creación de produtos turísticos paquetizables vinculados coa gastronomía» do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Os Fogóns do Anllóns, financiado co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) – Next Generation EU. Esta iniciativa ten como obxectivo a paquetización de produtos turísticos vinculados coa gastronomía reunindo, nun só espazo, produtos e experiencias turísticas do territorio polo que conflúe o río Anllóns na comarca de Bergantiños, poñendo o foco na sostibilidade, a autenticidade e o desenvolvemento local, que se poden reservar durante todo o ano, e que inclúe rutas mariñeiras, estadías rurais ou visitas a produtores locais.
No acto estiveron presentes representantes da Deputación da Coruña e dos concellos implicados no Plan (Coristanco, A Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo e Ponteceso) e do sector empresarial da comarca.