O acto, que tivo lugar no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños contou como anfitrión co alcalde, José Muíño. Tras unhas palabras do rexedor, interveu Ada González, membro da directiva da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte. Segundo explicou, este manual é un documento de consulta sobre o astroturismo e, en particular, sobre os miradoiros astronómicos. A publicación aborda as características que deben reunir estes espazos para a observación do ceo nocturno e inclúe recomendacións sobre a sinalización que se aconsella empregar para garantir a uniformidade dos miradoiros. Tamén estivo presente o vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, quen subliñou que o turismo debe entenderse tamén como unha actividade económica que xera oportunidades no territorio e que require dunha estrutura profesional e empresarial ao seu redorl. O vicepresidente da Deputación explicou que o obxectivo das políticas turísticas da institución é contribuír a consolidar esa estrutura e favorecer que o retorno económico quede nas comarcas que reciben visitantes.
21