O Goberno prohibirá a partir de 2023 a distribución gratuíta de vasos de plástico dun só uso e de recipientes para alimentos, polos que se cobrará ao consumidor.
Na mesma liña que a normativa europea, o anteproxecto tamén sinala que a partir de xullo de 2021 quedará prohibida a introdución no mercado dunha serie de produtos de plástico dun só uso:
· Bastonciños de algodón, agás se entran no ámbito dos produtos sanitarios, cubertos, pratos, pallas e axitadores de bebidas.
· Pauciños destinados a suxeitar globos, con excepción dos destinados a usos industriais e profesionais.
· Recipientes e vasos para alimentos e bebidas feitos de poliestireno expandido, incluídos as súas tapas e tapóns.
· Outros produtos de plástico fabricado con substancias oxodegradables.
· Cosméticos e deterxentes que conteñan microplásticos engadidos intencionadamente.