Recepción en Vimianzo a Gabriel Castiñeira e a Triatlón Costa da Morte

Cedida.

O Salón de Plenos do Concello de Vimianzo acolleu este sábado a recepción institucional a Gabriel Castiñeira Pais e ao Club Triatlón Costa da Morte con motivo dos recentes éxitos acadados no Campionato Galego de Duatlón Cros celebrado o 25 de abril no Concello de Vimianzo. 
Alí estiveron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o concelleiro de Deportes, Mario Andújar, quenes quixeron felicitar de maneira persoal aos deportistas “polos éxitos colleitados e o seu esforzo e adicación nun ano moi complicado tamén para o deporte”, sinalaron. 
Fixeron entrega dun obsequio co motivo do Castelo de Vimianzo, con deseño propio e feito a man por persoas con problemas de saúde mental no Obradoiro de Cerámica KERÁMICOS, que pertence á Asociación Pro Enfermos Mentais APEM. O proceso artístico garante a exclusividade e a calidade da peza adquirida. 

Cedida.