Remata a etapa de Ramón Viaño como capitán da Garda Civil da quinta compañía con base en Carballo

1 minutes read

O alcalde, Daniel Pérez, recibía no seu despacho ao capitán da Garda Civil natural de Tordoia, Jesús Ramón Viaño Calviño, que se achegou para despedirse ao rematar a súa etapa á fronte da quinta compañía, con base en Carballo, cargo que representaba desde o mes de outubro de 2023.

Daniel Pérez agradeceulle o traballo desenvolvido durante estes anos, así como a súa disposición ao diálogo e á colaboración co Concello, e desexoulle moita sorte na nova etapa que agora inicia.

Como recordo do seu paso por Carballo, o capitán da Garda Civil levou tamén consigo unha pequena selección de agasallos representativos de Carballo.