Un turismo Seat León que circulaba sentido Carballo polo quilómetro seis da estrada DP-1914, que une a capital de Bergantiños con Portomouro, tivo que ser retirado cun guindastre tras saírse da vía pola súa marxe dereita preto das tres da tarde deste xoves. Supónse que a condutora do turismo, que non sufría danos de consideración, circulaba a unha velocidade axeitada ás circunstancias da vía, dado que o turismo tampouco presentaba desperfectos importantes. En todo caso tivo que ser retirado por un guindastre debido a que quedou completamente fóra da estrada. En auxilio para retirar o coche e regular a circulación acudiron dúas patrullas da Policía Local de Carballo, así como unha dotación do Servizo Municipal de Emerxencias.
0
