Editado polo Concello de Zas como unha mostra máis da súa aposta por poñer en valor a historia, a xente e o patrimonio de dito concello, Ricardo Vigueret visitou o Instituto para presentar o seu libro Badius: Historia dun grupo de teatro afeccionado (1984-2024),
Nesta obra faise un percorrido (con texto e moitas fotos) polos 40 anos de historia do grupo de teatro Badius (do cal foi e é presidente); un grupo de teatro afeccionado polo que pasaron máis de cen persoas entre actores, actrices, técnicos e colaboradores de Baio e da contorna, que representaron máis de 40 obras, moitas delas con alumnado do Centro, e que actuaron tanto dentro como fora de Galicia (chegaron ata Suiza), sendo a súa última actuación o sábado 11 de outubro no Carballiño (Ourense) coa obra O parvo.
Badius, gran referente cultural no concello de Zas, na comarca e en toda Galicia, segue traballando e agora están preparando “unha nova obra de teatro de Labarta Pose que estrearemos o ano no que se lle adique o Día das Letras Galegas”, anunciou Ricardo.
Dende o IES agradecen a Ricardo o seu laborioso traballo e agradécenlle tamén por contaxiar a súa paixón por esta arte ao alumnado do se e do instituto del co que ao longo dos anos preparou tantas obras, converténdose nunha pequena canteira de talento que alimentou a Badius. “Que viva a risa e que viva Badius”, conclúen.