Sufocado un incendio nunha finca da rúa do Rollo, en Betanzos

0 minutes read

Os bombeiros do parque provincial de Betanzos sufocaron, este luns, un incendio que se orixinou nunha finca situada na rúa do Rollo número 73, no propio concello de Betanzos. O persoal recibiu o aviso arredor das 18.25 horas e á súa chegada, procederon a extinguir o lume, que se producira nunha zona de maleza forestal. En total, arderon uns 500 metros cadrados.