As súas maxestades os Reis Magos de Oriente realizarán un percorrido pola vila coa tradicional Cabalgata e recibirán aos nenos e nenas na carpa da Praza do Concello para falar con eles e atender as súas peticións. A cativada tamén poderá entregar as súas cartas na Caixa de Correos Real situada á entrada.
Este ano o itinerario tense adaptado tendo en conta os lugares con máis afluencia de público e os Reis poderán visitar as principais rúas de Carballo con saída desde o Centro Comercial Bergantiños Hiper Gadis, parada na Avenida da Milagrosa, na rúa Martín Herrera e recepción na Casa do Concello. Como cada ano, tamén haberá animación especial na carpa da Praza a partir das 18.00 horas con DJ FranStone, onde poderán agardar a chegada da Cabalgata.
HORARIOS
- 16. 45 h.: Chegada das súas Maxestades ao Centro Comercial Bergantiños Hiper Gadis
- 17.10 h.: Saída do Centro Comercial Bergantiños Hiper Gadis
- 18.00 h.: Animación na Praza do Concello con DJ FranStone
- 19.00 – 19.30 h. (aprox.) Chegada das súas Maxestades á Praza do Concelllo
- Como cada ano, haberá seguimento en tempo real da ubicación da Cabalgata en carballoenrede.com
PERCORRIDO
Saída no aparcamento do CC Bergantiños Hiper Gadis, Avenida Ponte da Pedra, Rúa Fábrica, Rúa Poñente, Rúa Luis Calvo, Rúa Alexandre Bóveda, Avenida de Fisterra, Rúa Río Anllóns, Avenida da Milagrosa (Parada 1), Rúa do Sol, Rúa Martín Herrera (Parada 2), Rúa Jacinto Amigo, Rúa Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Rúa Doutor Fleming, Avenida de Bergantiños, Rúa Vila de Ordes, Rúa Gran Vía, Rúa Vázquez de Parga, Rúa Valle Inclán, Rúa Colón e chegada á Praza do Concello.
COLABORACIÓN
Un amplo equipo integrado por persoal da área de Cultura, a Agrupación de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil, o Servizo Municipal de Protección Civil, a Policía Local de Carballo, a Brigada Municipal de Obras traballan arreo para telo todo a punto: as carrozas, a carpa da Praza do Concello, os tronos… Ademais a cita conta coa colaboración do Centro Comercial Bergantiños Hiper Gadis (que achega 600 Kg de caramelos) e o Grupo Dimolk que cede os coches que transportan as carrozas.