0
O operario traballaba nun tellado da rúa Acevo, na parroquia de Sísamo, cando sufriu unha caída.
Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o que alertou ao 112 Galicia minutos despois das 12:30 horas deste xoves, e desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a colaboración da Garda Civil e da Policía Local e Protección Civil de Carballo.
Ata o punto desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que finalmente trasladou ao traballador ferido.
