A Policía Local informaba que un dos menores foi levado ao Punto de Atención Continuada da localidade.
os outros dous foron trasladados, un deles en helicóptero medicalizado ao Hospital da Coruña e o outro en ambulancia ao de Cee.
O 112 Galicia tivo constancia deste suceso dez minutos despois das 18 horas deste sábado, a través dun particular que se atopaba no lugar dos feitos, a rúa Álvaro Cunqueiro, en Vimianzo. O alertador explicou que cedera a varanda do balcón do primeiro piso dunha vivenda, e que dous menores precisaban asistencia sanitaria tras caer.
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Cee, a Garda Civil e a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Cee.
Os bombeiros confirmaron á súa chegada que non había persoas atrapadas entre o entullo. Ambos feridos foron evacuados a un centro hospitalario, un deles a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.