Trump insta a Putin a poñer fin á guerra en Ucraína «en lugar de probar misiles»

0 minutes read

Tras coñecerse a noticia de que Moscova probou con éxito o seu mísil preparado para uso nuclear Burevestnik, o presidente de Estados Unidos, Donald Trump, instou o seu homólogo ruso, Vladímir Putin, a centrarse en poñer fin á guerra contra Ucraína en lugar de «probar mísiles». Trump cualificou de «inapropiado» o anuncio da proba de mísiles, sinalando tamén que Moscova é consciente de que EE.UU. ten un submarino nuclear despregado «xusto fronte ás súas costas». «Non están a xogar connosco, nós tampouco con eles», dixo Trump. «Probamos mísiles todo o tempo».