0
Desde a dirección da formación afirmaban este xoves que cren que a política municipal pertence aos cidadáns e non aos partidos, polo que buscarán unha política construtiva, de escoita aos veciños e de acordos que sexan beneficiosos para o municipio.
Este pensamento, afirman, encaixa perfectamente cos valores do que será o seu candidato, Daniel Villaronga, actual concelleiro no Concello de Ares e que, proseguen, realizou un labor de procura de solucións e propostas construtivas estes tres últimos anos, priorizando sempre o beneficio veciñal sobre o partidista.
Unión de Ciudadanos Independientes está aberta a todos os cidadáns e cidadás que confían en que outra política é posible e o cambio é necesario, conclúen.