Un ano de cárcere e multa para dous veciños de Vimianzo por colocar carteis con insultos á alcaldesa e a outras persoas

1 minutes read

O maxistrado da praza 3 da Sección Penal do Tribunal de Instancia da Coruña condenou, de acordo coa conformidade alcanzada polas partes, a un ano de cárcere e ao pago dunha multa de 1.620 euros a cada un dos dous veciños de Vimianzo que admitiron colocar na súa vivenda carteis con calumnias e inxurias dirixidas á alcaldesa, o exalcalde e outros traballadores municipais, así como varias maxistradas.

Os acusados recoñeceron en sede xudicial a falsidade das imputacións incluídas nos carteis e retractáronse delas, polo que a Fiscalía e as acusacións particulares modificaron a cualificación e chegaron a un acordo coa defensa.

O tribunal considera probado, por conformidade, que os acusados, de mutuo acordo, entre o 28 de xullo e o 21 de setembro de 2020, colocaron na fachada e diferentes zonas da súa vivenda múltiples carteis con afirmacións inxuriosas e calumniosas dirixidas á alcaldesa do municipio, á concelleira de Servizos Sociais, a unha traballadora social municipal, a varias maxistradas, á xefa provincial de Tráfico, a axentes da Garda Civil e ao exalcalde.

Segundo consta no fallo, esos actos, constitúen catro delitos de calumnia con publicidade e seis delitos de inxurias con publicidade.