Segundo indicaron os axentes da Policía Local, o ferido presentaba unha lesión importante na cabeza, unha posible fractura de cráneo.
En calquera caso, o ciclista foi trasladado ao Hospital de Montecelo de Pontevedra para continuar cos coidados necesarios e determinar o estado das súas lesións.
Cómpre sinalar que o ciclista sufriu unha caída e ningún outro vehículo estivo implicado neste accidente. Por certo, un accidente que se produciu pasadas as once desta mañá na estrada que une Sanxenxo con Pontevedra (PO-308), á altura de Poio.
Unha testemuña chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente, pois o ciclista deuse un fortte golpe contra o chan. Así, os xestores solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Local. Tamén pediuse a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade e do GES de Sanxenxo, aínda que a persoa estaba liberada e accesible.