3
O accidente mortal tivo lugar na Avenida Mestra Victoria Míguez. O 112 Galicia recibiu aviso ás 12:15 horas deste martes a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa alertaba da gravidade do suceso. Desde a sala de operacións informouse do ocorrido aos Bombeiros de Santiago, aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Pese á intervención dos servizos de emerxencia, nada se puido facer por salvarlle a vida ao ciclista.