53
Os bombeiros do parque provincial de Betanzos desprazáronse na mañá deste mércoresata o lugar de A Brea, concello de Bergondo, pola colisión dun vehículo eléctrico contra a fachada dun edificio. Ninguén resultou ferido. O coche tivo que ser retirado cun guindastre e os bombeiros procederon ao saneamento do muro. Participaron Policía Local de Bergondo, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.