Un ferido tras un accidente de tráfico con dous vehículos implicados no centro urbano de Vimianzo

0 minutes read

Os bombeiros do parque provincial de Cee acudiron na mañá deste luns ata Vimianzo por un accidente de tráfico no centro urbano da vila no que se viron implicados dous vehículos e no que unha persoa quedou atrapada e ferida. O incidente tivo lugar no punto quilométrico 70 da AC-552. Os bombeiros axudaron a saír do vehículo á vítima, que só estaba algo atordada. Posteriormente procederon a limpar a estrada.