Un incendio no cableado dunha fachada obrigou a desaloxar un supermercado e un edificio en Malpica

1 minutes read

Sobre as 14:00 horas deste venres a Policía Local de Malpica recibía unha chamada telefónica das empregadas do supermercado Aliprox, ubicado na Avenida Emilio González número 74. Uns cables da línea eléctrica chispeaban na fachada afectándolle ao rótulo do super ao que terminaban incendiando.

A Policía local vacioulle un extintor, pero non foi suficiente. A estrada principal de acceso á vila, AC-418, foi cortada e por seguridade procedeuse tamén a desaloxar o super e o edificio.

En poucos minutos acudiron en auxilio os bomberos de Carballo e o GES de Ponteceso, a Garda Civil, Protección Civil e o 061. Tamén autoridades municipais, o alcalde, Eduardo Parga, e o edil de Seguridade Cidadá e Tráfico, Rodrigo Mato.

Estado no que quedaba a fachada do edificio e o rótulo do supermercado tras o incendio.