19
- Datos segundo un estudo da Asociación Española da Estrada.
- As comunidades con peores datos de conservación son Aragón, Castela-A Mancha e Galicia.
O informe sinala que, a nivel estatal, existen 33.966 quilómetros cunha deterioración moi grave do pavimento, case o triplo dos 12.000 rexistrados hai tres anos. Estas vías necesitan unha reconstrución urxente nun prazo inferior a un ano debido a alteracións estruturais (como fochancas ou o chamado «efecto pel de crocodilo») e superficiais (fendas lonxitudinais e transversais, e perda de materiais). Esta porcentaxe sitúa Galicia, co 59% da rede de estradas en grave estado de conservación como a terceira comunidade con peores resultados, só por detrás de Aragón (69 %) e ao mesmo nivel que Castela-A Mancha.