19
Este sábado, ás 11:00 horas, o Castelo de Vimianzo acolleu o obradoiro ‘Modela co barro: ‘a Olería de Buño nas túas mans’. A actividade, impartida polo Obradoiro Lista, formou parte da programación Artesanía en Vivo que desenvolve o Concello durante o verán.
Desde o goberno local valoran moi positivamente a boa acollida de todas estas propostas culturais sinalando que “son actividades que sempre teñen un público fiel, celebrándose ademais nun espazo único e moi especial”.
O seguinte taller será ‘Aprende a encadernar e coser con coiro’, impartido por ASPADEX. As inscricións poden formalizarse a través da web municipal (vimianzo.gal/turismo).