14
Segundo o presidente da cooperativa O Rodo, á que pertence a explotación gandeira dona das reses, os feitos ocorreron durante a tarde deste domingo, cando as vacas pastaban nun prado. Coa chegada da tormenta, os seus responsables foron buscalas para traelas de volta á granxa. Nun momento dado, ao pasar á altura dun poste transformador, un raio caeu sobre esta infraestrutura, descargando a descarga eléctrica cara á terra. Nese instante escoitouse como unha explosión e as vacas faleceron ao instante. Por sorte, o dono da explotación ía montado no seu tractor un pouco adiantado e a dona ía detrás dos animais, saíndo ilesos ambos. Das 30 vacas que tiñan, 27 faleceron no acto, salvándose tan só tres.