20
O suceso tivo lugar pasadas as tres da tarde deste mércores na localidade pontevedresa de Mos mentres traballaba en altura nunha vivenda.
Segundo fontes da Garda Civil, o home estaba no alto dunha escaleira de metro e medio e traballaba xunto a outro operario na parroquia de Sanguiñeda.
De momento, e á espera da autopsia, descoñécese se o home faleceu antes de caer da escaleira por causas naturais ou se o fixo despois de precipitarse por mor dalgún golpe.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, GES de Mos e a Garda Civil, pero nada se puido facer pola vida do traballador.