Unha colisión na A-6 con sete vehículos implicados deixou dúas persoas feridas á altura de Culleredo

1 minutes read

Foi un particular quen deu o primeiro aviso ao 112 Galicia, minutos despois das 20 horas deste luns: acababa de rexistrarse unha colisión en cadea no quilómetro 588 da A-6, á altura de Orro (Culleredo) e en sentido A Coruña.

O alertador explicou que o accidente produciuse cando os vehículos trataban de esquivar unha árbore. De feito, sobre esa mesma hora o 112 Galicia recibiu a chamada de varios particulares que informaban da presenza dunha árbore caída neste mesmo punto quilométrico. Un deles pasou co seu vehículo por enriba das pólas, mais non resultou ferido.

Pouco despois, a Garda Civil de Tráfico confirmou que foron sete os vehículos implicados e que dúas persoas precisaban asistencia sanitaria. No operativo tamén participaron os servizos de mantemento da autovía.