Unha muller de avanzada idade faleceu tras ser atropelada pola repartidora do pan en Porqueira

1 minutes read

Segundo informa o servizo de atención a emerxencias 112 Galicia, o accidente produciuse ao redor das 11:40 horas deste sábado.

Ata o lugar do sinistro desprazáronse os profesionais sanitarios do helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que os esforzos foron insuficientes para salvar a vida da muller, que faleceu por mor das lesións sufridas. 

Segundo informou a Garda Civil, a vítima tiña 82 anos. É unha monxa que residía en Salamanca e que viña todos os veráns  a ver á súa irmá que é dependente.

O atropelo produciuse cuando a conductora dun vehículo mixto Peugeot Partner realizaba unha manobra de marcha atrás. Non viu á vítima e deulle un golpe que a fixo caer. Unha caída que resultou ser mortal.

A conductora era a repartidora do pan; unha veciña da parroquia de Gande, no concello limítrofe de Xinzo de Limia.