Unha muller perdeu a vida ao sufrir un atropelo en Cabana de Bergantiños

O condutor dun patinete tamén resultou ferido en Bértoa tras esnafrarse contra unha casa.

O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por mor do accidente mortal uns minutos despois das 11:30 horas deste mércores. O alertador indicou que unha muller fora atropelada no quilómetro 3 da AC-429, na parroquia de Cesullas, unha zona que no punto do sinistro carece de paso de peóns.

Con esta información, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ponteceso, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Os servizos acudiron ata o punto onde se producira o accidente, aínda que non puideron evitar o falecemento da muller duns 77 anos de idade.

Related posts

Carballo conmemora o 8M cunha programación que une cultura, participación e empoderamento feminino

Dúas motoristas resultaron feridas logo de colidir unha moto e un coche en Coristanco

Íntegro lanza unha campaña para conmemorar o 8M e promover a igualdade