24
Os bombeiros do parque provincial de Arzúa foron requiridos polo 112 ás 16:32 horas deste mércores para unha excarceración tras un accidente de tráfico con dous vehículos implicados no punto quilométrico 55 da N-547, ao seu paso por Boente, no concello de Arzúa. A persoa excarcerada foi trasladada en ambulancia ao CHUS. No operativo participan Policía Local de Arzúa, Garda Civil de Tráfico e 061.