Unha saída de vía cunha persoa ferida deixou unha estrada sen luz en Cabana

1 minutes read

O único implicado foi trasladado ao centro de saúde da localidade ferido na cabeza. A consecuencia do choque, o poste da luz quedou tirado na estrada e o vehículo obstaculizaba a circulación. Outra decena de farois quedaron sen iluminación.

O accidente ocorreu no quilómetro 4 da AC-429, á altura do lugar da Telleira, en Cánduas. Foi un particular quen, dez minutos despois das 1:30 horas, informou ao 112 Galicia do acontecido: un coche acababa de colisionar contra un farol, derribándoo sobre a vía.

Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ponteceso e da Garda Civil de Tráfico. Á súa vez, informouse aos Bombeiros de Bergantiños e aos operarios de conservación das estradas, que non tiveron que desprazarse.

Unha vez que un guindastre retirou o vehículo, os efectivos do GES encargáronse da limpeza do asfalto e de sinalizar e apartar o farol para restablecer as condicións óptimas de circulación.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?