- A emoción fixo que o alcalde, Abel Caballero, premese o botón coa tapa posta.
A cidade de Vigo acolleu este mércores o acto de aceso da súa iluminación, que o alcalde, Abel Caballero, definiu como “o espertar do Nadal” a nivel mundial e cuxo acceso se restrinxiu a pouco máis de 70 persoas debido á pandemia.
Pasadas as 20.00 horas, deu comezo un evento no que se reproduciu un espectáculo luminoso ao ritmo de temas como a peza ‘Promontory’ da banda sonora de ‘O último Mohicano’ e ‘All I Want for Christmas Is You’ de Mariah Carey sobre a árbore instalada na rúa Policarpo Sanz.
Abel Caballero, que se esqueceu que o botón de encendido tiña tapa tal e como se aprecia no vídeo de Multimedia Atrlántico, afirmou que ao iluminarse as 350 rúas da urbe o Nadal estaría “a respirar” e realizaríase unha “chamada” a Papá Noel. A pesar de que apuntou que esta tempada “vai ser distinta” debido á crise sanitaria, insistiu en que “ten que haber Nadal” dado que este representa “a forma de entenderse”. Defendeu que as deste ano debe ser “o da ilusión dos nenos” que padeceron “se cabe máis” que os adultos a pandemia. Incidiu na necesidade de manter a seguridade “mil por cen”, que exemplificou na limitación do acceso ao evento e no feito de que a iluminación da cidade “irá ás casas de todos os cidadáns” que non poden desprazarse á cidade mediante a súa retransmisión por ‘streaming’.
Un streaming bastante mellorable en calidade de vídeo e són, tal e como puidemos comprobar en directo.