Vimianzo acollerá no Auditorio 14 espectáculos culturais de xaneiro a maio

3 minutes read

O Concello de Vimianzo continúa apostando por unha programación cultural diversa, de primeira orde e accesible para todos os públicos. Así, xa está programada a axenda do Auditorio do primeiro semestre deste 2026 con música, danza, teatro e maxia, que protagonizarán as citas dun amplo abano de iniciativas financiado pola Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia, o Centro Dramático Galego e a Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Abrirá o exercicio Antonio Barros e iAlma co recital “Unha viaxe polas grandes voces da canción española”. Será o 18 de xaneiro e a venda de entradas, como de costume, será na Casa da cultura de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas e unha hora antes de cada espectáculo.

Debullamos o resto da programación de seguido:

·         24 de xaneiro, a comedia cómica “Entre dos” protagonizada por  Teté Delgado e Julio Pereira.

·         30 de xaneiro, o Centro dramático Galego achega a Vimianzo a estrea “Memorias dun neno labrego”.

·         7 de febreiro, concerto da vimiancesa Gala Cernadas e Ernesto Alemán de violín e piano “Ecos do tempo”.

·         2o de febreiro, estrea de Nortear da compañía Columna Balteira, residencia artística no Auditorio de Vimianzo. Nortear é unha peza escénica onde o espectral se confunde co real, o poliítico co onírico, o etnográfico co poético.

·         7 de marzo, teatro do Noroeste achega a Vimianzo a súa última produción “Manual de patronaxe”.

·         14 de marzo, Contraproducións   “Yo no quiero irme a Francia” a  recoñecida  actriz María Galiana.

·         21 de marzo, Mago Teto.

·         28 de marzo, o 8º  Festival folclórico Foliada do Río Grande que organizan os grupos de danza tradicional Airiños do Río Grande e  a Foliada de Salto en colaboración co Concello de Vimianzo.

·         11 de abril, a compañía Trifásico teatro achega o espectáculo “Vento metal”, un cóctel perfecto de comedia, absurdo, intimidade, delicadeza e un toque de grotesco. No elenco a vimiancesa natural de Carantoña Jéssica Canosa.

·         18 de abril, Os Naufragos Teatro achega a súa última produción Riazor Ostia que  é un poema escénico sobre o odio, a intolerancia e a resistencia. Cincuenta anos despois do asasinato de Pier Paolo Pasolini, a súa voz e o seu corpo seguen a interpelarnos, amosándonos feridas aínda abertas.

·         25 de abril, a compañía Malasombra con  “O asombro”. Cándido Pazó constrúe unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galería de personaxes populares do Ourense de finais do XIX.

·         2 de maio. Transeúnte é un espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Gallego. Neste brilla en directo o diálogo entre a música, o canto, a danza tradicional e a danza contemporánea.  

Entradas adicionais

Para Maruxiña e Facendo o indio as entradas poderanse adquirir en woutick.es cun prezo de 3 euros. As de Inherente, a un prezo de 13,26 euros en entradium.com e para Blippi y sus amigos en entradas.vigoplam.com a un prezo de 13 euros.

Máis información en www.vimianzo.gal.